A auga na casa grande

Polo medio do souto anexo á Casa Grande de Trasalba existía unha canalización de pedra que baixaba desde o lavadoiro do pobo e que chegaba ata a vivenda de D. Ramón. Ao carón da porta do Centro de Estudos Oterianos aínda pode verse unha parte desta canle de granito.

Coma o xardín de Trasalba, a auga amosa ao longo dos terreos da finca a combinación dos usos cotiás e os usos suntuarios e mesmo artísticos. Así se aprecia en diferentes estruturas arquitectónicas coma os bebedoiros para o gando, o lavadoiro da panasqueira, os estanques do patio principal, ou a fonte do xardín de enfeito.

O río Barbantiño

Foto: Rio Barbantiño. Creador_ José Francisco Méndez García

En último termo, os cursos de auga e regatos da comarca están vencellados co río Barbantiño, un dos eixos vertebradores da paisaxe de Trasalba. Este afluente do Miño, hoxe integrado na Rede Natura 2000 de protección ecolóxica europea da biodiversidade, únese co gran río no lugar de Bocarribeira, que dá nome, asemade, ao único poemario escrito por Otero.

Proxecto de recuperación

Nos anos 2023 e 2024 recuperáronse algunhas das fontes da Casa Grande de Trasalba mediante un proxecto reitor promovido pola Fundación Ramón Otero Pedrayo, coordinado polo arquitecto Iago Seara e financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Accede a toda a información sobre a Fundación Otero Pedrayo entrando na nosa web
www.fundacionoteropedrayo.org

Puntos de acceso
a través dos códigos QR