Estatutos da Fundación Otero Pedrayo

Estatutos da Fundación Otero Pedrayo (actualizados en decembro de 2006)

DISPOSICION PRELIMINAR
A Fundación Otero Pedrayo, que foi recoñecida por Orde Ministerial o 19 de xullo de 1979, ao abeiro do Regulamento das Fundacións Culturais Privadas e Entidades Análogas, aprobado polo decreto de 21 de xullo de 1972, ten a ben, de acordo cos seus estatutos en vigor, proceder á modificación dos mesmos para adaptalos a lei , 12/2006, do 1 de decembro, de Fundacións de Interese Galego

TITULO PRIMEIRO
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Denominación e natureza
Ao abeiro das disposicións legais ás que se acolleu no momento da súa creación, e na actualidade segundo o dereito recoñecido pola Lei de Fundacións de Interese Galego e o seu regulamento de desenvolvemento, coa denominación de Fundación Otero Pedrayo configúrase unha organización de natureza fundacional, de interese galego, constituída sen ánimo de lucro cun patrimonio que se atopa afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da Institución.

Artigo 2.- Personalidade e capacidade
A Fundación, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo en consecuencia realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no.ordenamento xurídico. En consecuencia poderá adquirir, posuír e allear toda clase.de bens, logo do acordo do órgano competente e de acordo coa lexislación xeral e, en particular, sobre fundacións de interese galego.

Artigo 3.- Réxime

A Fundación Otero Pedrayo rexerase pola Lei de Galicia 12/2006, do 1 de decembro, das Fundacións de Interese Galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese galego, en todo ao que non se opoña á lei anterior, e mais pola vontade do Fundador recollida nestes Estatutos .

Así mesmo , tamén se rexerá polas disposicións que sexan aplicables da Lei 50/ 2002, do 26 de decembro, de fundacións, pola Lei 49/2002, do 23 de decembro de Réxime Fiscal das Entidades sen animo de lucro e dos incentivos fiscais ao mecenado, e polo R.D. 1270/2003, do 10 de outubro, polo que se aproba o regulamento para aplicación do réxime fiscal das entidades sen animo de lucro e dos incentivos fiscais ao mecenado, e demais normativa que sexa de aplicación

Artigo 4.- Domicilio

A sede principal da Fundación Otero Pedrayo establécese na actual Casa-Museo, situada no lugar de Cima de Vila, parroquia de Trasalba, Concello de Amoeiro, provincia de Ourense. O Padroado poderá promover o cambio de

domicilio mediante a oportuna modificación estatutaria de acordo cos requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Artigo 5.- Ámbito de actuación

O ámbito territorial da Fundación é a Comunidade Autónoma de Galicia; pero cando así o precise o cumprimento dos seus fins a Fundación poderá desenvolver a súa actividade en calquera outro lugar do pais ou do extranxeiro, así coma no ámbito das Comunidades Galegas no exterior, previo o pertinente acordo.

TITULO SEGUNDO

OBXECTO DA FUNDACIÓN

Artigo 6.- Fins

Os fins da FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO son os seguintes:

1. Fomentar, soster e difundir o interese e reflexión sobre a importancia e transcendencia temporal da memoria de Otero Pedrayo e promover o estudo e

divulgación da súa vida e obra.

2. Defensa e promoción da lingua galega. Todos os documentos da fundación serán redactados nesta lingua.

3. Conservar como Museo, Biblioteca e para uso cultural as propiedades que don Ramón herdou dos seus maiores no lugar de Cima de Vila, na parroquia de Trasalba, Concello de Amoeiro, á que estivo vencellado durante toda a súa vida e na que escribiu grande parte da súa obra.

4. Manter no mellor estado esta Casa-Museo, os seus xardíns e os demais edificios e eidos adxacentes, tanto no concernente á súa conservación material como na súa disposición para ser visitada por cantos desexen coñecer o que foi centro espiritual da Galicia oteriana, que xa forma parte do patrimonio cultural do pobo galego.

5. Procurar que o labor iniciado por Otero Pedrayo no estudo, reflexión e interpretación da ralidade xeográfica do territorio de Galicia, nos seus espazos rurais e urbanos, na interpretación sobre a súa identidade histórica, e no eido da creación literaria, reciba estímulos para a súa prosecución axeitada. A tal fin, a Fundación artellará os instrumentos e medios materiais e intelectuais necesarios para o desenvolvemento dun Centro de Estudios Oterianos que atenda á prosecución de tal labor, centrado preferentemente nas ciencias sociais e na creación literaria, o cal, formando parte da Fundacion, será administrado por esta, e que se regulará por un Regulamento interno que, en ningún caso, poderá contradicir os presentes estatutos e a lexislación vixente.

6. Coidar da tumba de Otero Pedrayo e da súa dona, sitas no Cemiterio de San Francisco de Ourense.

7. Celebrar, cos actos que se acorden, as datas conmemorativas de Otero e organizar a Misa e a Festa Anual na súa memoria na data que se determine.

8. Organizar a Concesión dun premio anual “Trasalba” en recoñecemento á vida e obra de persoeiros/as vivos/as ou entidades que se distinguisen nos campos da investigación, creación ou calquera outro dentro das coordenadas vitais tracexadas por don Ramón Otero Pedrayo, en canto á ética, ás disciplinas humanísticas ou científicas e o compromiso coa Terra.

Artigo.- 7

O Padroado terá plena liberdade para determinar as actividades da Fundación, tendentes á consecución daqueles obxectivos concretos que, a xuízo de aquel e dentro do cumprimento dos seus fins, sexan os máis adecuados ou convenientes en cada momento.

TITULO TERCEIRO

REGRAS BÁSICAS PARA A APLICACIÓN DOS RECURSOS AO CUMPRIMENTO DOS FINS FUNDACIONAIS E PARA A DETERMINACIÓN DOS BENEFICIARIOS

Artigo 8.- Destino de rendas e ingresos

1. Á realización dos fins fundacionais deberá ser destinado, polo menos, o

setenta por cento das rendas ou calquera outros ingresos netos que, logo da deducción de impostos, obteña a Fundación, debéndose destinar o resto, deducidos os gastos de administración, a incrementar a dotación fundacional, segundo acordo adoptado polo Padroado.

2. Os gastos de administración non poderán superar a porcentaxe fixada na lexislación vixente.

Artigo 9.- Beneficiarios

Serán beneficiarios das actuacións da Fundación as persoas físicas e xurídicas que reúnan as seguintes condicións:

a) As persoas físicas ou xurídicas relacionadas co obxecto da Fundación

b) As persoas que traballen na investigación, reflexión, estudo e difusión de

calquera aspecto da vida, pensamento e obra oteriana

c) O público en xeral.

A determinación dos beneficiarios será efectuada polo órgano competente da Fundación con criterios de imparcialidade, obxectividade, transparencia, mérito e non discriminación.

TÍTULOCUARTO

GOBERNO DA FUNDACIÓN

Artigo 10.- Natureza

O goberno, a representación e a administración da Fundación serán asumidos por un órgano de natureza colexiada, que recibirá a denominación de Padroado e cuxos acordos serán adoptados por maioría dos seus membros nos termos establecidos nos presentes estatutos. O Padroado executara as funcións que lle corresponden de acordo co disposto no ordenamento xurídico e nos presentes estatutos.

O Padroado contará para o goberno,a representación e a administración da fundación cunha Comisión de Goberno, na cal delegará aquelas funcións que, de acordo á lexislación vixente, sexan delegables. Os membros da Comisión de Goberno serán designados polo Padroado.

Para a xestión dos asuntos ordinarios, poderá ser nomeado un Director/ Xerente, así como o persoal técnico e administrativo necesario.

Artigo 11.- Os membros do Padroado deberán aceptar expresamente o seu cargo. Esta aceptación poderá facerse a través dos medios recollidos no artigo 19 da Lei 12/2006, de 1 de decembro, de Fundacións de Interese Galego.

Artigo 12.- Obrigacións e responsabilidade dos membros do Padroado da Fundación

Son obrigacións dos membros do Padroado facer que se cumpran os fins da Fundación, concorrer ás reunións ás que sexan convocados, desempeñar o cargo coa dilixencia dun representante leal, manter en bo estado de conservación e produción os bens e valores da Fundación e cumprir nas súas actuacións co determinado nas disposicións legais vixentes e nos presentes Estatutos.

Os membros do Padroado responderán solidariamente fronte á Fundación dos danos e perdas que causen por actos contrarios á Lei ou aos Estatutos, ou polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Quedarán exentos de responsabilidade aqueles que se opuxeran de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 13.- Os membros do Padroado da Fundación exercerán o seu cargo gratuitamente sen que en ningún caso poidan percibir retribucións polo desempeño da súa misión. Porén, terán dereito a seren reembolsados dos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lIe ocasione.

Artigo 14.- O cesamento dos membros do Padroado da Fundación producirase nos supostos seguintes:

a) Por morte ou declaración de falecemento da persoa física, así como por extinción da persoa xurídica que ocupase o cargo, inhabilitación ou incompatibilidade, consonte o previsto na lei.

b) Por incorrer nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 6 do Regulamento de organización e funcionamento das fundacións de interese galego,

c) Por ter sido condenado por sentencia firme como consecuencia do exercicio da acción fundacional de responsabilidade.

d) Por deixar de desempeñar o cargo en razón do cal foron designados.

e) Polo transcurso do prazo, se foron designados por tempo determinado, sen prexuízo da súa reelección.

f) Por renuncia, a cal será efectiva dende o momento en que se lIe notifique formalmente ao Padroado e deberá facerse na forma prevista para a aceptación do cargo.

g) Por remoción acordada polo Padroado coa maioría á que se refire o artigo 13.3 do Regulamento de fundacións de interese galego, ou polos tribunais a instancia do Padroado.

Artigo 15.- Composición do Padroado

O Padroado estará composto por un número mínimo de tres e un número máximo de cincuenta membros. Ademais dos membros do Padroado designados con carácter vitalicio en canto que albaceas no testamento de don Ramón Otero Pedrayo, unha parte dos compoñentes do mesmo poderá ser nomeada a título persoal, atendendo aos méritos ou á relación que teñan coa memoria oteriana, e outra parte en representacións de institucións que o Padroado considere. A elección dos membros realizarase por votación, a proposta da Comisión de Goberno avalada alomenos por un terzo dos membros do Padroado.

Artigo 16.- Duración do mandato

Os membros do Padroado designados como albaceas no testamento de don Ramón Otero Pedrayo desempeñarán as funcións con carácter vitalicio, agás renuncia expresa. Os membros institucionais serano de xeito permanente e os seus representantes persoais serano en tanto dure a súa condición de representantes de cadansúa institución, sendo substituídos a proposta da propia institución. Os demais exercerán o seu cargo durante seis anos, podendo ser reelixidos sucesivamente. A substitución destes últimos, cando se produza algunha vacante, será realizada polo propio Padroado, segundo se establece no artigo anterior.

Para a elección debe contarse coa maioría simple dos membros presentes ou representados.

Artigo 17.- Organización do Padroado

A Presidencia de Honra da Fundación será exercida polo Presidente da Real Academia Galega, en tanto a Secretaría de Honra corresponderá a un representante da Fundación Penzol, como legataria da obra intelectual de Don Ramón.

O Padroado elixirá entre os seus membros os seguintes cargos:

Un Presidente

Un Secretario

Artigo 18.- Facultades do Padroado

Correspóndelle ao Padroado da Fundación o goberno, a representación e a

administración da mesma, así como a modificación dos presentes Estatutos nos termos establecidos na lexislación vixente.

Artigo 19.- Reunións do Padroado e convocatoria

O Padroado da Fundación reunirase, polo menos, dúas veces ao ano, e cantas veces sexa preciso para a boa marcha da Fundación, ou cando o soliciten dous tercios dos padroeiros. Correspóndelle ao Presidente a convocatoria das reunións do mesmo.

A convocatoria farase chegar a cada un dos membros, polo menos con cinco días de antelación á data da súa celebración, utilizando un medio que permita deixar constancia da súa recepción. Na mesma farase constar o lugar, día e hora de celebración da reunión, acompañándose, así mesmo, a orde do día da mesma.

Non será preciso convocatoria previa cando se encontren presentes todos os membros do Padroado e acorden por unanimidade a celebración da reunión. O cargo de Padroeiro deberá exercerse persoalmente .

Non obstante, nas reunións do Padroado cada membro poderá conferir a representación a calquera dos restantes membros do órgano de goberno, en comunicación escrita dirixida ao presidente con carácter especial para cada reunión.

Artigo 20.- Forma de deliberar e tomar acordos

As reunións do Padroado da Fundación entenderanse validamente constituídas cando concorran a elas, presentes ou representados na forma indicada no apartado 3 do artigo 6 do Decreto 248/ 1992, do 18 de xuño, polo menos a metade máis un dos seus membros.

Os acordos adoptaranse por maioría absoluta de asistentes e representados, e será dirimente en caso de empate o voto do seu Presidente.

Será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña maioría absoluta do número dos seus membros, para a adopción dos acordos en que así se estableza expresamente no Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.

Das reunións do Padroado será redactada polo Secretario a correspondente Acta, que deberá ser subscrita e aprobada por tódolos membros presentes nas mesmas.

Esta transcribirase ao correspondente libro e será asinada polo Secretario co Visto e Prace do Presidente.

Artigo 21.- Obrigacións do Padroado.

Na súa actuación o Padroado deberá axustarse ao preceptuado na lexislación vixente e á vontade colectiva manifestada nestes Estatutos.

Correspóndelle ó Padroado cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación, mantendo plenamente o rendemento e utilidade dos mesmos.

O Padroado dará información suficiente dos fins e actividades da Fundación para que sexan coñecidos polos seus eventuais beneficiarios e demais interesados.

Artigo 22.- O Presidente

Ao Presidente do Padroado correspóndelle exercer a representación legal da Fundación ante toda clase de persoas, convocar as reunións do Padroado da

Fundación, previa información da mesma ó Presidente de Honra; presidir, dirixir os debates e, se é do caso, executar os acordos, podendo realizar toda clase de actos e asinar aqueles documentos necesarios a tal fin.

Artigo 23.- Corresponde ao Secretario:

a) Auxiliar ao Presidente nas súas funcións.

b) Levantar acta das reunións do Padroado e certificar todos os actos do mesmo.

c) Referendar co Presidente os actos e documentos oficiais.

d) Custodiar e conservar o arquivo do Padroado.

e) Redactar a memoria anual das actividades do Padroado que se lle enviará ao Protectorado.

f) Todas aquelas outras que lle encomende o Sr.Presidente.

TÍTULO QUINTO

ÓRGANOS DE XESTIÓN

CAPÍTULO I. DA COMISION DE GOBERNO

Artigo 24.- Composición

A Comisión de Goberno é o órgano ordinario de goberno da Fundación, estará formada polo Presidente do Padroado, Secretario do mesmo, Presidente da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e un número de vogais, todos eles padroeiros, elexidos polo Presidente e designados polo Padroado.

A Comisión de Goberno contara como mínimo cos seguintes cargos:

a) Un Vicepresidente.

b) Un Tesoureiro.

c) Un Conservador da Casa – Museo.

d) O Director do Centro de Estudios Oterianos.

e) Un Bibliotecario.

Artigo 25.- O Vicepresidente:

Corresponderalle ao Vicepresidente realizar as funcións do Presidente no caso de estar vacante o posto, por ausencia ou enfermidade, podendo actuar tamén en representación da Fundación, en todo caso cos límites que sinale o Padroado e de acordo co disposto na lexislación vixente.

Artigo 26.- Corresponde ao Tesoureiro:

a) Custodiar os fondos sociais e pagar os libramentos que expida o Presidente.

b) Conservar os xustificantes das entradas e saídas do numerario, e render conta anual dos cobros e dos pagamentos.

c) Levar e custodiar o inventario, balance dos bens e dereitos que forman o patrimonio da Fundación.

d) E aquelas outras que lle encomende o Presidente.

Artigo 27.- Corresponde ao Conservador da Casa Museo a xestión dos acordos do Padroado sobre a restauración, conservación dos edificios e instalacións da Casa e do seu medio natural, e cantas outras lle encargue o Presidente.

Artigo 28– Ao Director do Centro de Estudios Oterianos correspóndenlle as funcións que se establezan no correspondente regulamento interno da Fundación, de acordo con estes estatutos e coa lexislación vixente.

Artigo 29.-Corresponde ao Bibliotecario a xestión, coidado, inventario, rexistro e catalogación dos fondos bibliográficos que se conserven na Casa Museo, así como a asistencia técnica ó Secretario na organización e conservación dos fondos documentais.

Artigo 30 .- Do exercicio e duración do cargo

  1. O exercicio do cargo de membro da Comisión de Goberno comezará cando a persoa designada acepte expresamente o cargo. A aceptación deberá ser expresa e efectuarse no prazo de 30 días a contar desde o seguinte á notificación fidedigna do nomeamento, pasados os cales sen que o mesmo fose aceptado, procederase a nomear a outra persoa.

Os membros da Comisión de Goberno cesaran nas súas funcións no momento do cese do Presidente.

Artigo 31 .- Delegación de facultades

Son atribucións da Comisión de Goberno, por delegación do Padroado, entre outras, as de:

  1. Aceptar, no seu caso, as doazóns, incluso as de carácter modal, e aceptar ou repudiar herdanzas e legados, sempre a beneficio de inventario.

  2. Cobrar e percibir, rendas, froitos, dividendos, xuros e utilidades ou calquera outro beneficio ou ingreso dos bens fundacionais.

c) Elaborar os planos de xestión e os programas periódicos de actuación da Fundación e executar calquera acto que sexa necesario para o seu cumprimento.

d)Interpretar estes Estatutos, desenvolvendo os mesmos a través da oportuna normativa complementaria.

e) Propoñer ao Padroado a modificación destes Estatutos, así como a fusión ou extinción da Fundación, sempre que sexa conveniente aos seus intereses para un mellor logro dos seus fins.

f) Propoñer a distribución e aplicación dos fondos dispoñibles entre as finalidades da Fundación.

g) Propoñer, no seu caso, ao Padroado o nomeamento dun Director/Xerente, oído o Presidente da Fundación, fixando as súas atribucións e facultades.

h) Preparar os acordos do Padroado, propoñendo os orzamentos, liquidacións, balances, contas, memorias e calquera outro documento que precise a aprobación do Padroado.

i) Calquera outra que sexa delegada polo Padroado.

Artigo 32 .- Convocatoria e reunións da Comisión de Goberno

  1. A Comisión de Goberno reunirase cantas veces o estime necesario o Presidente ou o soliciten tres dos seus membros.

  2. Corresponde ao Presidente convocar as reunións da Comisión. Para que a convocatoria produza efecto realizarase por escrito fidedigno de xeito individual e con, polo menos, cinco días de antelación ao da súa celebración. O prazo de convocatoria poderá acurtarse a dous días por razóns de urxencia, apreciadas discrecionalmente polo Presidente. Na convocatoria farase constar, día, Orde do Día, lugar e hora de celebración da reunión. De todo o actuado levantarase Acta que, asinada polo Secretario, co Visto e Prace do Presidente, se gardará no libro correspondente.

Artigo 33.- Quorum de constitución e toma da acordos

  1. A Comisión de Goberno entenderase validamente constituída, cando concorran, presentes ou representados, a metade máis un dos seus membros.

  2. Os acordos adoptaranse por maioría absoluta dos asistentes. No caso de empate o voto do Presidente ou persoa en quen delegue, será dirimente.

Artigo 34.- Obrigas e responsabilidades dos membros da Comisión de Goberno

1. Son obrigas dos membros da Comisión de Goberno:

a) Procurar o cumprimento dos fins da Fundación.

b) Asistir ás reunións para as que sexan convocados.

c) Desempeñar o cargo coa dilixencia dun representante leal.

d)Aterse nas súas actuacións ao establecido nas disposicións legais vixentes e nos presentes Estatutos.

2. Os membros da Comisión de Goberno, como membros do Padroado, terán as responsabilidades que figuran no artigo “Obrigas e responsabilidades dos Patróns”.

CAPÍTULO II: DO DIRECTOR/XERENTE DA FUNDACIÓN

Artigo 35.- O Director/Xerente

O Director/Xerente será o responsable da Fundación na xestión cotiá das actividades fundacionais. Para a realización das súas tarefas, será dotado dun poder xeral ou dos poderes especiais que o Padroado estime oportunos. Será nomeado polo Padroado, a proposición do Presidente, coa aceptación maioritaria da Comisión de Goberno.

O Director/Xerente poderá ser convocado pola Comisión de Goberno, ás súas reunións ou ás do Padroado , con voz pero sen voto.

As funcións do Director/Xerente serán aquelas que no seu momento lle asigne a Comisión de Goberno.

CAPITULO III: OUTROS ÓRGANOS DE APOIO E ENTIDADES COLABORADORAS.

Artigo 36.- . Asociación de Amigos de Otero Pedrayo

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, que ten personalidade xurídica plena e foi creada para manter vivo o recordo de D.Ramón , promovendo o estudo da súa obra científica e literaria e para colaborar coa Fundación Otero Pedraio, asume como propios todos os fins desta Fundación, de cuxo Padroado e Comisión de Goberno formará parte o Presidente.

Artigo 37.- Entidades colaboradoras.

  1. Reunirán a condición de Entidades Colaboradoras aquelas persoas físicas ou xurídicas que, mediante achegamentos materiais ou colaboracións persoais, contribúan á consecución do obxecto fundacional e sexan designadas como tal polo Padroado en función dos seus achegamentos.

  2. As entidades colaboradoras terán os seguintes dereitos:

    1. Recibir información dos labores realizados pola Fundación, agás naqueles casos en que interfiran cos requisitos de confidencialidade inherentes e necesarios en cada asunto.

    2. Propoñer novas liñas de actividades e servizos ao Padroado.

    3. Utilizar calquera servizo prestados pola Fundación.

Artigo 38.- Cesamento como entidade colaboradora

O cese como entidade colaboradora da Fundación implicará a perda de todos os dereitos inherentes a tal condición e producirase cando concorra algunha das seguintes causas:

a. Por falta de pagamento dos achegamentos establecidos polo Padroado, despois de ter sido reclamados por escrito.

b. Por acordo do Padroado cando se producisen, polo membro en cuestión, faltas contra os intereses da Fundación.

d. Por cesamento voluntario dalgunha entidade cun prazo de aviso de dous meses á data solicitada de cesamento.

O Padroado establecerá unha regulamentación propia para estas Entidades Colaboradoras .

TITULO SEXTO

REXIME ECONÓMICO

Artigo 39.- Patrimonio Fundacional e réxime económico

O patrimonio da Fundación está integrado por:

A Casa Museo de Otero Pedrayo, con tódalas súas dependencias anexas, salón de actos, biblioteca, fondos documentais, sala de acollida, librería,obra pictórica e gráfica, xardín, pendellos , eidos anexos; e en xeral canto constitúe o enxoval da casa, situados no lugar de Cima de Vi/a, parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro, provincia de Ourense, con todo o seu equipamento e contido, mobiliario, libros e documentos, segundo se recolle na escritura fundacional do Padroado de 1979 e as posteriores adquisicións.

Os bens que son susceptibles de inscrición, que non estean xa inscritos, inscribiranse nos rexistros correspondentes.

Os fondos económicos deberán depositarse ao seu nome en establecementos financeiros.

Os recursos económicos de que poida dispor a Fundación procederán de:

a) Xestión de propiedades mobles e inmobles da Fundación.

b) Donativos, legados e subvencións.

c) Da venda de publicacións que edite ou distribúa a Fundación.

d) Das cantidades que se puidesen ingresar por actividades e servizos directamente prestadas por ela aos seus beneficiarios na forma e cos requisitos establecidos no artigo 21.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.

Artigo 40.- Réxime Financeiro

Na xestión económico-financeira, a Fundación rexerase de acordo cos principios e criterios xerais determinados na normativa vixente e levará aqueles libros que sexan convenientes para o desenvolvemento das súas actividades, así como para o axeitado control da súa contabilidade. En todo caso será necesario levar os seguintes libros:

a) Inventario – balance

b) Memoria

c) Orzamentos e a súa liquidación

d) Libro diario

e) Libro de actas

Artigo 41.- O Padroado confeccionará antes do remate do ano natural, o orzamento correspondente ao ano seguinte, que deberá ser remitido á consellería que exerza as funcións de Protectorado.

Ademais, o Padroado formulará anualmente, no mes de xaneiro, un estado das contas de ingresos e gastos, remitindo seguidamente á Consellería que exerza as funcións de Protectorado, xunto coa memoria anual, un exemplar do inventario – balance.

Os gastos de administración non poderán superar a porcentaxe fixada na lexislación vixente.

TITULO SEPTIMO

DA MODIFICACION, AGREGACION OU EXTINCION

Artigo 42.- A modificación dos presentes estatutos e a disolución da Fundación non poderá acordarse sen a reunión do Padroado, convocado expresamente para tal obxecto en Xunta Extraordinaria con dous meses de antelación. Tanto unha como outra deberán inscribirse no Rexistro de fundacións de Interese Galego.

A modificación dos estatutos esixirá o cumprimento dos requisitos do artigo 38 do Regulamento de organización e funcionamento das fundacións de Interese Galego e deberá ser aprobada pola consellería que exerza as funcións de Protectorado.

Artigo 43.- Fusión con outra Fundación

O Padroado poderá propor a fusión da Fundación con outra, previo acordo

concertado para o efecto con esta última.

O acordo de fusión esixirá o cumprimento dos requisitos establecidos no art. 38.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.

Artigo 44.- Disolución e extinción da Fundación

A disolución da Fundación procederá nos supostos previstos no artigo 39 do Código Civil ou nos casos recollidos no artigo 38 do Regulamento de funcionamento do Protectorado das fundacións de interese galego.

Artigo 45.- Liquidación e adxudicación do Patrimonio

Acordada a disolución da Fundación, todos os seus bens e dereitos pasarán á Editorial Galaxia por ser designada como primeira legataria no testamento outorgado por don Ramón Otero Pedrayo, en data 2 de xullo de 1975 , e no caso de que esta os rexeitase, pasarán a Real Academia Galega, sempre de acordo co ordenado na Lexislación vixente.

CLÁUSULA ADICIONAL

En todo caso, o previsto nos presentes Estatutos non implica limitación ou

substitución nas competencias que ao Protectorado lIe atribúe a lexislación vixente, moi especialmente en relación coas autorizacións ou limitacións ás que a Fundación expresamente se somete.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Nun prazo non superior a oito meses de aprobados estes Estatutos, procederase a renovar o mandato dos padroeiros a titulo persoal, así como a elección de Presidente , Secretario e Membros da Comisión de Goberno.

As seguintes renovacións faranse cada tres anos por metades dos membros do Padroado, producíndose a primeira renovación en 2012..

 

Estatutos da Asociación de Amigos da Fundación Otero Pedrayo