A Casa Grande de Cimadevila atópase na vila de Trasalba, no concello de Amoeiro, asentada na bocarribeira sobre os vales dos ríos Barbantiño e Miño. Sitúase a 12 quilómetros de Ourense, 76 de Vigo, 82 de Lugo, 96 de Pontevedra, 100 de Santiago de Compostela, 160 de A Coruña e 200 quilómetros de Ferrol.

Pódese chegar dende a estrada N-120 de Vigo a Ourense, collendo o desvío en Santa Cruz de Arrabaldo, ou pola estrada N-525 de Ourense a Santiago de Compostela, desviándose á altura de Tamallancos e atravesando os Chaos de Amoeiro.