Entre outras cousas, das moitas que foi quen de desenvolver en vida, Otero Pedrayo inventou a palabra ‘bocarribeira’, un termo que define o territorio coñecido por el e situado entre Trasalba e O Ribeiro —a baixada cara ás beiras do río Miño—. O termo consolídase coa obra de Otero Pedrayo ‘Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar’.
E-BOCA é o proxecto de Museo Aberto e Virtual da Bocarribeira. Un espazo museístico e aberto que se inspira nos roteiros que Ramón Otero Pedrayo deseñou á man para o seu amigo Silvio Santiago na segunda metade dos anos 60. Mapas, apuntamentos literarios e gastronómicos, moito humor e unha semana de intensísima viaxe por Galicia para todo aquel ‘quixote’ que queira explorar a cultura galega a través de Galicia.
Con este Museo Aberto quérese consolidar e divulgar os valor cultural da contorna da Casa Grande. Comezando pola propia Fundación, e o miradoiro da Bocarribeira pero tamén os campos do pan, as corredoiras e o patrimonio cultural que arrodea Trasalba.
E-BOCA ten as seguintes ferramentas dixitais.
- Mapa Literario da Vía da Prata –https://pratea.gal/mapa/-: a FOP desenvolveu este proxecto a través dun mapa interactivo xeorreferenciado e xeolocalizado, onde calquera se pode informar das posibilidades e dos autores literarios que enriquecen o Camiño de Santiago Mozárabe ou Vía da Prata.
- Área de descanso para ciclistas: a FOP pon á disposición dos afeiccionados ao ciclismo os seus espazos e instalación contando ademais con servizo de aparcadoiro, limpeza e reparación das bicicletas.
- Visitas en RV á contorna da Fundación: -desenvolverase no 2025-visita virtual polas corredoiras da contorna da Fundación. A visita incluirá diversos materiais didácticos para escolares.
- Rede de Rutas da Bocarribeira: a rede de rutas da Bocarribeira (RRB) ten como obxectivo facilitar a visita á contorna da Fundación facendo dispoñibles unha serie de rutas e puntos de interese. As rutas están organizadas por niveles de dificultade e subidas a GOOGLE MAPS, co obxectivo de que as persoas usuarias poidas empregar os servizos desta plataforma (xeolocalización, xeorreferenciación, pescudas…) para situarse no territorio.
A ruta familiar ideal para coñecer a contorna da FOP. Elaborada pola ENDL CPI Maside. Enlace
Ruta un pouco máis longa elaborada pola área de deportes da UVigo da man do entrañable e lembrado Willy. A ruta enlaza a Casa Grande co impresionante oppida castrexo do século I a. de C. de San Cibrao de Las. Enlace
Se qSe queredes coñercer mellor o concello de Amoeiro, a vosa opción é esta ruta recomendada polo Iván, un dos ciclistas que mellor coñece as terras de Otero. Estas ruta está especialmente recomendada para ser realizada en BTT. Enlace
