Xubilado como profesor universitario, RamĂłn Otero Pedrayo divide o seu tempo entre a casa natal e a aldea de Trasalba. Son anos de intensa actividade para o escritor que sempre disposto a traballar a prol da lingua e da cultura galega que sinte renacer, acode a todo canto curso ou conferencia se lle convida, redacta xenerosos prĂłlogos, le pregĂłns, participa en actos pĂșblicos e escribe centos de desinteresados artigos e colaboraciĂłns xornalĂsticas. Consciente da transcendencia pĂșblica da sĂșa persoa e esperanzado ante a actividade galeguista dos mĂĄis mozos, Pedrayo traballa con renovado entusiasmo por Galicia e os galegos.

O escritor, viaxa asiduamente a Santiago de Compostela para reunirse co numeroso cĂrculo de amigos e mozos que visitan a casa do mĂ©dico GarcĂa-Sabell na Rosaleda, desde onde se xestiona nestes anos parte importante da actividade cultural da intelectualidade galega que estaba chamada a protagonizar o rexurdir das nosas letras tras a longa posguerra.
En 1959 Otero Pedrayo remata na sĂșa casa de Trasalba O señorito da Reboraina, que se editarĂa no ano seguinte, convertĂ©ndose na primeira novela en galego publicada polo escritor tras a Guerra Civil e na Ășltima que entregarĂa ĂĄs mĂĄquinas en vida. O texto recrea con humor e imaxinaciĂłn a vida de don Juan Manuel Pereira, o fidalgo de Reboreda.
As homenaxes e o recoñecemento sucédense a partir dos anos sesenta. En abril de 1962 o xurado acorda concederlle as 300.000 pesetas coas que estaba dotado o prestixioso Premio Galicia da Fundación March, ao que tamén aspiraba Vicente Risco. Ao ano seguinte Otero Pedrayo recibe ilusionado o primeiro galardón da Deputación Provincial de Ourense polo enciclopédico traballo El padre Feijoo. Su vida, doctrinas e influencias, dentro dos actos de conmemoración do centenario do frade ilustrado.
En 1966 ve a luz na editorial Galaxia O espello no serĂĄn. Entre o Pedroso e o Viso, colectĂĄnea de textos e reflexiĂłns que recolle a particular visiĂłn do escritor sobre a cidade de Santiago de Compostela. Nestes mesmos anos redacta en castelĂĄn unha voluminosa Historia da arte universal, que asinarĂĄ co pseudĂłnimo Cerro de los Llanos, traduciĂłn ao castelĂĄn dun Otero dos Chaos, que de novo dĂĄ conta do espĂrito e personalidade de quen asina.

O 4 de agosto de 1973, no hotel San MartĂn de Ourense, un grupo de amigos organiza unha nova homenaxe ao escritor, nesta ocasiĂłn con motivo das vodas de ouro do matrimonio Otero Bustamante. Por expreso desexo de don RamĂłn, os convites fixĂ©ronse en galego. Pouco tempo despois, o 8 de abril de 1975 falece Fita. O pasamento da que fora a sĂșa compañeira durante 52 anos, apesadumbra ao escritor quen ve no suceso un anuncio do seu propio final.
O 12 de decembro de 1975 nun acto celebrado no Paraninfo do instituto ourensĂĄn onde traballara como profesor, recibe a calorosa homenaxe dos seus antigos alumnos que o agasallan coa ediciĂłn de Teatro de MĂĄscaras, unha colecciĂłn de dezaseis pezas dramĂĄticas breves asinadas en 1934, nas frecuentes viaxes en tren que o escritor facĂa a Madrid en compañĂa de Castelao, para asistir ĂĄs Cortes. De feito algunhas das obras foron escritas aproveitando o reverso dos discursos parlamentarios.
Filgueira Valverde afirmaba ter atopado os manuscritos entre os papeis de Castelao que se custodian no Museo de Pontevedra. Don RamĂłn di non lembrar nin gardar copia das obras que cualifica como “borranchos de comediolas” que divertĂan moito a Castelao nas “cansas serĂĄns de presupostos nas ConstituĂntes”. Segundo deixou dito o propio Pedrayo, xurdiron a instancias do rianxeiro, quen fascinado polas innovaciĂłns teatrais da Europa da Ă©poca procuraba unha renovaciĂłn total do teatro galego emulando o teatro ruso que tivera a oportunidade de coñecer en ParĂs.

O 10 de abril de 1976, cando o reloxo da catedral ourensĂĄn daba ĂĄs oito da mañå, o escritor falecĂa na sĂșa casa da rĂșa da Paz. O multitudinario funeral, celebrado dous dĂas despois, reuniu a boa parte da intelectualidade galega e a moitas persoas expresamente chegadas de toda Galicia para honrar a quen con xustiza se ten dado en chamar Patriarca das letras galegas. Vestido co hĂĄbito franciscano e envolto na bandeira galega tal e como era o seu desexo, o seu corpo descansa no cemiterio de San Francisco, xunto aos de sĂșa nai e sĂșa esposa. Na discreta lousa que cobre os seus restos pĂłdese ler: “Acouga no amor dos galegos e na paz de Deus”.

