Ramón LorenzoRamón Lorenzo Vázquez naceu en Eirapedriña (Ames) o16 de setembro de 1935.

Estudou Filosofía e Letras entre Santiago de Compostela e Madrid. Nestes anos consegue distintos premios literarios. Durante a súa estadía en Madrid participa na fundación do grupo Brais Pinto.

Foi lector de castelán na Universidade de Colonia (Alemaña) durante seis anos. Recibe o Premio Extraordinario de Doutoramento pola súa investigación sobre a tradución galega da crónica xeral e da crónica de Castela.

Dende 1969 traballa na USC e participa na fundación do Instituto da Lingua Galega (ILG) dous anos despois. É coautor dos primeiros manuais de estudo do galego.

É membro da Real Academia Galega, impulsor da revista poética Dorna e un dos máximos especialistas en lingua galega medieval. En 2009 foi nomeado Galego Egrexio polos Premios da Crítica Galicia.