Sementar no futuro. Antía Cal

Sementar no futuro. Antia Cal.Titulo: SEMENTAR NO FUTURO. ANTÍA CAL
Edita: Fundación Otero Pedrayo. Trasalba – Amoeiro.
Colección: Publicacións da Fundación Otero Pedrayo
Páxinas: 100
Encadernación: Rústica
ISBN: 978-84-615-9046-9
Data de publicación: 24 de xuño de 2012
Edición: Primeira
PVP: 22,00 €

 

Libro de homenaxe a Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) con motivo do seu recoñecemento co Premio Trasalba 2012, que inclúe a laudatio do profesor Alonso Montero “Gabanza de Antía Cal e do seu compañeiro de viaxes e viaxes”. En palabras do Padroado da Fundación, “recoñecemos a Antía Cal polo seu pulo vital, pola súa intelixencia e talento, pola súa obra, pola súa condición de muller consciente e activa, polo seu traballo como pedagoga nun tempo pouco doado para abrir camiños novos, pola súa capacidade de iniciativa, polo seu espírito de conciliación e o seu compromiso por Galicia”. O labor de moitos anos á fronte do centro que fundou e dirixiu, o colexio Rosalía de Castro, na cidade de Vigo, foi unha experiencia pedagóxica que marcou a varias xeracións, alumnos e alumnas que non a esquecen e recoñecen a súa débeda con ela. Esta é a obra de Antía Cal: os seus alumnos e alumnas. Sementeira de futuro.

 

Se está interesado en mercar este título: 986 37 22 79 (Distribuidora Editorial Galaxia) ou 988 28 11 39 (Fundación Otero Pedrayo).
Para pedidos por correo electrónico: pedidos@editorialgalaxia.com (Distribuidora Editorial Galaxia) ou fundacion.otero.pedrayo@gmail.com (Fundación Otero Pedrayo)