Documentos

Correspondencia

Velaquí unhas poucas mostras de correspondencia entre Otero Pedrayo e diferentes persoeiros en distintas épocas. Na Fundación Penzol (Vigo) está depositado gran parte deste abondoso fondo epistolar a disposición dos investigadores.

Imaxes. Fotobiografía

O neno Otero

Ramón Otero Pedrayo de neno, contra 1892.

Otero aos nove anos

Nun retrato do estudo de José Gil, contra 1900.

Otero universitario

Nos anos universitarios, retratado por José Pacheco contra 1905.

Con Fita na praia

Xunto a Fita na praia, contra 1923.

Voda

Retrato da voda. 6 de agosto de 1923

Ramón Otero Pedrayo

A piques de se converter en mestre de instituto, contra 1920.

Alumnos anos 1926-1927

Co alumnado do Instituto Provincial de Segunda Ensinanza de Ourense, curso 1926-27.

No Pazo de Gaión, xunto a Fita e Vicente Risco, contra 1925.

No Pazo de Gaión, xunto a Fita e Vicente Risco, contra 1925.

IV Asemblea das Irmandades da Fala

Asistentes á IV Asemblea das Irmandades da Fala (Monforte de Lemos, 1922). Entre outros están: Castelao, Antón e Ramón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez.

Paseando á beira de Ramón María del Valle-Inclán

Paseando á beira de Ramón María del Valle-Inclán, na Praza Maior de Ourense en 1935.

Ingreso na Real Academia Galega

Comensais na homenaxe a Ramón Otero Pedrayo polo seu ingreso na Real Academia Galega en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e Antón Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso (administrador do Sanatorio de Oza), Eladio Rodríguez (naquela altura presidente da RAG), Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.

Acto da homenaxe a Castelao

Acto da homenaxe a Castelao celebrada en Lugo o 19 de xuño de 1932. Entre outros están: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Lugrís Freire, Ramón e Antón Villar Ponte, Francisco Fernández del Riego, Ramón Suárez Picallo ou Manuel Beiras García.

Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.

Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928. De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Pintos, Antón Fraguas, Bibiano Osorio Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Calvo, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Novás.

Elección de Ramón Otero Pedrayo como novo presidente do Seminario de Estudos Galegos 1936

Elección de Ramón Otero Pedrayo como novo presidente do Seminario de Estudos Galegos, na xuntanza do 30 de maio de 1936 nunha fotografía de Ksado. Sentados de esquerda a dereita: Ramón Sobrino, M. Díaz Rozas, Antón Iglesias Vilarelle, Florentino López Cuevillas, Salustiano Portela Pasos, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias, Xesús Carro, Sebastián González, Felipe Cordero Carrete, Xosé Filgueira Valverde, Vicente Risco, Paulino Pedret e Isidro Parga Pondal. De pé de esquerda a dereita: Francisco Ogando Vázquez, Xaime Vidal Rey, Xoán López Durá, Alfonso Vázquez e A. Ramos Pérez Colemán.

Retrato nos anos da Segunda República.

Retrato nos anos da Segunda República.

Visita a Bos Aires en 1947.

Ao carón de Castelao durante a súa visita a Bos Aires en 1947.

Primeiros anos da posguerra.

Retrato nos primeiros anos da posguerra.

Con Elena García-Sabell

Con Elena García-Sabell durante a celebración dos Xogos Florais de Betanzos, en 1952.

Santiago de Compostela en 1954

Na rúa do Vilar de Santiago de Compostela en 1954. De esquerda a dereita: Francisco Río Barxa, Domingo García-Sabell, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Fermín Bouza Brey.

Doazón da biblioteca de Fermín Penzol a Galaxia en 1956.

Acto simbólico da doazón da biblioteca de Fermín Penzol a Galaxia en 1956. De esquerda a dereita: Antonio Fernández López, Fermín Penzol, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Xaime Illa Couto, Emilio Álvarez Blázquez, Xohán Ledo e Celestino Fernández de la Vega.

Ramón Otero Pedrayo e Fermín Penzol

Ramón Otero Pedrayo e Fermín Penzol durante a entrega da biblioteca deste último, en 1956.

Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas xunto a Ramón Otero Pedrayo

Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas xunto a Ramón Otero Pedrayo durante a feira do libro galego, en Bos Aires, organizado por Follas Novas (1959).

Rodeado de membros das Mocidades Galeguistas de Bos Aires

Ramón Otero Pedrayo rodeado de membros das Mocidades Galeguistas de Bos Aires (1959). Detrás de pé, de esquerda a dereita: o segundo é Perfecto López Romero, o cuarto Antonio de Brito seguido de Fita Bustamante, Otero Pedrayo, Xosé Neira Vilas, Virxinia Pereira e Ricardo Palmás. Na fila do medio: a primeira é Elsa Fernández e a terceira, Anisia Miranda. Na primiera fila: Carlos Abraira, Pilar Xeremías, Sra. Fernández, Inuchi Roel e Vidal Pérez Graña.

Consello da Editorial Galaxia (contra 1960).

Consello da Editorial Galaxia (contra 1960). De esquerda a dereita: Francisco Fernández del Riego (de costas), Agustín Sixto Seco, Domingo García-Sabell, Ramiro Illa Couto, Fermín Penzol, Antonio Fernández López, Emilio Álvarez Blázquez, Ricardo Carballo Calero, Manuel Gómez Román, Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco, Xesús Ferro Couselo, Ramón Piñeiro e Xaime Illa.

Consello da Editorial Galaxia (contra 1965).

Consello da Editorial Galaxia (contra 1965). De esquerda a dereita: Emilio Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Domingo García-Sabell, Ramón Otero Pedrayo e Xesús Ferro Couselo.

Ramón Piñeiro e Domingo García-Sabell en Trasalba (1961).

Ramón Piñeiro e Domingo García-Sabell en Trasalba (1961).

Membros da Real Academia Galega (1963)

Membros da Real Academia Galega (1963) Fotografía de Magar. De esquerda a dereita: De pé, de esquerda a dereita: Ramón Piñeiro, José Luís Bugallal y Marchesi, Antonio Meijide Pardo, Xesús Ferro Couselo, Álvaro Cunqueiro, Manuel Banet Fontenla, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Chamoso Lamas, Fermín Bouza Brey e Juan Naya. Sentados, de esquerda a dereita: Domingo García-Sabell, Francisco Fernández del Riego, Ricardo Carballo Calero, Francisco Vales Villamarín, Sebastián Martínez-Risco, Antonio Gil Merino e Leandro Carré.

Sesión da Real Academia Galega (1968).

Sesión da Real Academia Galega (1968). De esquerda a dereita: Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco e Francisco Vales.

Xuntanza de amigos de Ramón Otero Pedrayo no Pazo de Gaión

Xuntanza de amigos de Ramón Otero Pedrayo no Pazo de Gaión (Trasalba), en 1958. De pé, de esquerda a dereita: Benavides, Ferro Couselo, Leuter Salgado, Emilio Álvarez Blázquez (medio tapado), Ramiro Illa Couto, Xaime Illa Couto, Isabel Tormo, Ánxel Fole, Celestino Fernández de la Vega, Fita, Ramón Otero Pedrayo, Isabel López, Ramón Piñeiro, Xosé Luís Franco Grande, Antonio Rosón e ? Sentados: Isidro Parga Pondal, muller de Benavides, ?, Silvio Santiago, Domingo García-Sabell, ?, Luís Viñas Cortegoso, Evelina Hervello, Ricardo Carballo Calero, ?, Fermín Penzol, Emilio Mosteiro, Blanca Jiménez e Francisco Fernández del Riego.

A parella Otero Bustamante xunto a Eladia Pedrayo (ca. 1950).

A parella Otero Bustamante xunto a Eladia Pedrayo (ca. 1950).

Ao carón da súa nai, Eladia Pedrayo Ansoar (ca. 1945).

Na galería da casa de Trasalba ao carón da súa nai, Eladia Pedrayo Ansoar (ca. 1945).

En Madrid cos mozos de Brais Pinto (ca. 1960).

En Madrid cos mozos de Brais Pinto (ca. 1960). De pé, de esquerda a dereita: Bautista Álvarez?, José Caamaño Bournacell, Ramón Otero Pedrayo, Reimundo Patiño, Bernardino Graña, Ben Cho Shey e Xosé Luís Méndez Ferrín. Anicados, de esquerda a dereita: Xesús Alonso Montero, Camilo Gonsar e Xosé Ferreiro.

Asistentes á entrega das chaves da casa da Matanza de Rosalía.

Asistentes á entrega das chaves da casa da Matanza de Rosalía. Entre outros están: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Domingo García-Sabell, Xosé Filgueira Valverde, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Paulino Pedret, Borobó ou Ramón Cabanillas

Durante unha intervención en Madrid (1958).

Durante unha intervención en Madrid (1958). De esquerda a dereita: Fernando Cendán Pazos, Padre Legísima, o reitor de S. Francisco el Grande, Manuel Fraga Iribarne, Carmiña Prieto, Dámaso Alonso, o vicepresidente do Centro Galego Sr. Alfonsín, Ramón Otero Pedrayo e José Luís Varela.

Na homenaxe a Xesús Carro (1965).

Na homenaxe a Xesús Carro (1965). De esquerda a dereita, de abaixo a arriba: Sánchez Cantón, Moralejo Laso, Paulino Pedret, Filgueira Valverde, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Varela Jácome, Chamoso Lamas, Fernández Rodríguez, Carro Otero, Antón Fraguas, Sta. Cores, Cordero Carrete, Otero Núñez, Armas Castro e Maroño Barreiro (medio tapado).

Coa súa dona Fita (ca. 1965).

Coa súa dona Fita (ca. 1965).

No despacho da casa de Trasalba (ca. 1965).

No despacho da casa de Trasalba (ca. 1965).

Durante unha conferencia en Ourense. (ca. 1960).

Durante unha conferencia en Ourense. (ca. 1960).

 Con Ramón Piñeiro na galería de Trasalba (ca. 1965).

Con Ramón Piñeiro na galería de Trasalba (ca. 1965).

Dende a solaina de Trasalba ao carón de Fita (ca. 1970).

Dende a solaina de Trasalba ao carón de Fita (ca. 1970).

Ante o mapa de Fontán (ca. 1965).

Ante o mapa de Fontán (ca. 1965).

Nunha conferencia en 1958.

Nunha conferencia en 1958.

Asinando libros a uns pequenos na casa familiar da rúa da Paz en 1970, o día que cumpría 82 anos.

Asinando libros a uns pequenos na casa familiar da rúa da Paz en 1970, o día que cumpría 82 anos.

 Enterro o 14 de abril de 1976. En primeiro plano, Agustín Sixto Seco.

Enterro o 14 de abril de 1976. En primeiro plano, Agustín Sixto Seco.

dddd

 Xaquín Lorenzo, Sebastián Martínez-Risco, Antón Fraguas e Domingo García-Sabell sostendo o cadaleito.

Xaquín Lorenzo, Sebastián Martínez-Risco, Antón Fraguas e Domingo García-Sabell sostendo o cadaleito.

Cortexo cívico polas rúas de Ourense.

Cortexo cívico polas rúas de Ourense.

Descansando na casa de Trasalba.

Descansando na casa de Trasalba.