CAPITULO I
Denominacion e Personalidade XurĆdica
Artigo 1.
a) A Asociación que se constitúe e rexe polos presentes
Estatutos e, no necesario, pola Lei de Asociacións vixente,
DenomĆnase ASOCIACIĆN DE AMIGOS DE OTERO
PEDRAYO, coas finalidades que se expresan no capĆtulo
seguinte.
b) A Asociación ten personalidade xurĆdica plena para
adquirir, posuĆr, allear ou gravar toda clase de bens que
constitĆŗan o seu patrimonio, podendo actuar con plenitude
en tódalas ordes da vida xurĆdica.
CAPĆTULO 2
Fins
Artigo 2.
Son fins da Asociación:
a) Manter vivo o recordo de don Ramón Otero Pedrayo,
promovendo o estudo da sĆŗa obra cientĆfica e literaria.
b) Colaborar coa Fundación Otero Pedrayo a conservar
como Museo-Biblioteca o Pazo que o Mestre de
Trasalba herdou dos seus maiores en dita parroquia de
Ourense, centro de espiritualidade de toda Galicia e parte
inalienable do patrimonio cultural do pobo galego.
c) Procurar que o labor comezado por Otero Pedrayo no
estudio da nosa XeografĆa e na interpretación da nasa Historia
reciba os impulsos e estĆmulos necesarios para que sexa
continuado, igual que as súas aportacións Ô oratoria, Ô
narrativa, Ć” poesĆa e Ć” literatura en xeral. Con este fin poderĆ”
organizar seminarios, conferencias, cursos e actividades
anƔlogas, e editar os seus resultados.
d) En xeral, a Asociación asumirÔ como propios tódolos
fins da Fundación Otero Pedrayo, na que deberÔ
estar representada.
e) Reunir fondos para cubrir os seus propios fins, en
especial a conservación do Pazo Museo de Trasalba.
CAPITULO 3
Domicilo Social
Artigo 3.
a) A sede principal da Asociación serÔ a Casa-Museo que
foi Pazo de don Ramón Otero Pedrayo, no lugar de Cimadevila,
na parroquia de Trasalba, Concello de Amoeiro.
b) Cando as circunstancias o aconsellen a Xunta Directiva
poderÔ autorizar Delegacións da Asociación.
CAPTULO 4
Ćmbito Territorial
Artigo 4.
O Ômbito territorial da Asociación é Galicia. Asà mesmo,
poderÔ realizar actividades fóra de Galicia, por si mesma,
ou en colaboración con outras Asociacións.
CAPITULO 5
Medios Económicos
Artigo 5.
Os medios económicos da Asociación serÔn.
a) As cotas dos socios.
b) Os donativos, legados, axudas ou subvencións de
todo tipo que a Asociación poida conseguir.
c) O produto ou recadación que se obteña por servizos
prestados pola Asociación.
d) O produto que se obteña coa venda das publicacións.
e) Calquera outra fonte de ingresos ou medios de financiamento
que no futuro poida conseguirse ou establecerse
para o cumprimento dos fins que a Asociación se propón.
Artigo 6.
A Xunta Directiva formularĆ” anualmente un estado de
contas de ingresos e gastos, que poderƔn superar a cantidade
de un millón de pesetas. Dito informe serÔ dado a
coƱecer aos socios, e unha copia do mesmo serƔ enviada Ɣ
Fundación Otero Pedrayo.
CAPĆTULO 6
Ćrganos da Asociación
Artigo 7.
Os órganos de goberno, dirección e administración
da Asociación son:
a) A Asemblea Xeral.
b) A Xunta Directiva.
e) O Presidente.
DA ASAMBLEA XERAL
Artigo 8.
a) A Asemblea Xeral Ć© o Ćrgano Superior de Goberno
da Asociación.
b) Actúa en sesións ordinarias e extraordinarias, adoptÔndose
os acordos por maiorĆa de votos dos presentes.
Artigo 9.
A Asemblea Xeral ordinaria convocarase polo
menos unha vez ao ano. Na Orde do DĆa deberĆ”
incluĆrse:
a) Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
b) Informe da Presidencia sobre as actividades realizadas
durante o Ćŗltimo ano.
c) Aprobación, se procede, do estado de contas do exercicio anterior.
d) Proxectos para o próximo exercicio.
e) Aprobación. se procede, do orzamento de ingresos e
gastos.
f) Rogos e preguntas.
Artigo 10.
A Asemblea Xeral extraordinaria convocarase cando por
circunstancias excepcionais asĆ o acorde a Xunta Directiva
ou a solicitude o dez por cento dos socios.
Artigo 11.
As Asembleas Xerais serÔn convocadas por medio de notificacións
persoais, sen prexuĆzo de que poida realizarse
tamƩn a convocatoria por medio dos xornais ou outros
órganos de difusión.
A convocatoria incluirĆ” a Orde do DĆa e o lugar, hora
e data en que se celebrarÔ a sesión. Entre a convocatoria e
a data da celebración da Asemblea deberĆ”n mediar, alomenos, oito dĆas.
Artigo 12.
Os socios deberƔn asistir persoalmente Ɣ Asemblea,
pero poderÔn outorgar por escrito a súa representación a calquera
outro socio.
As votacións realizaranse aman alzada, agÔs no caso de
que algún socio solicite votación nominal, directa e secreta.
Artigo 13.
As Asembleas serƔn presididas e moderadas polo Presidente
ou, en casos de incompatibilidade ou ausencia,
polo Vicepresidente.
Tódolos asistentes poderÔn facer uso da palabra, solicitÔndoa
previamente da Presidencia, quen a concederĆ” seguindo
rigorosa quenda de petición, agÔs a intervención por
alusións.
Artigo 14.
O Secretario levantarĆ” Acta de cada Asemblea, a cal
serĆ” asinada por el e polo Presidente. Dita Acta serĆ” sometida
a aprobación o comezo da Asemblea seguinte, e coleccionarase
nun Libro de Actas da Asociación.
DA XUNTA DIRECTIVA
Artigo 15.
A Xunta Directiva Ć© o Ćrgano Executivo da Asociación,
e a ela correspóndelle a plenitude de facultades para
o goberno e administración da mesma, sen prexuĆzo do
control que corresponde Ć” Asemblea Xeral.
Artigo 16.
a) A Xunta Directiva componse de Presidente, Vicepresidente,
Secretario, Tesoureiro e Vocais.
b) O Presidente serĆ” elixido pola Asemblea Xeral na
súa reunión anual ordinaria e o seu mandato durarÔ catro
anos.
e) No mesmo acto o Presidente electo comunicarĆ” Ć”
Asemblea Xeral os restantes membros da Xunta Directiva,
que tomarÔn posesión e cesarÔn co Presidente. Non obstante
o anterior, cando cese o Presidente, os restantes membros
da Xunta Directiva continuarÔn en funcións ata a toma de
posesión do novo Presidente.
Artigo 17.
A Xunta Directiva, convocada polo Presidente, reunirase
con carƔcter ordinario, alomenos, unha vez o ano. Os seus
acordos tomaranse por maiorĆa absoluta dos presentes e
constarƔn nun Libro de Actas da Xunta Directiva, que custodiarƔ
o Secretario da Asociación.
Artigo 18.
Corresponde ao Presidente:
a) Ostentar a representación legal da Asociación.
b) Cumprir e facer cumprir os Estatutos.
c) Autorizar, co Secretario, os actos e documentos sociais.
d) Asinar, co Tesoureiro, os libramentos de pago e
demais documentos contables, coidando de que se realice
periodicamente a rendición do estado de contas da Asociación.
e) Atender persoalmente as relacións coa Fundación Otero Pedrayo.
Artigo 19.
Corresponde ó Vicepresidente asistir ao Presidente e
substituĆlo en caso de vacante, enfermidade ou ausencia.
Artigo 20.
Corresponde ao Secretario:
a) Levantar acta das reunións da Xunta Directiva e da
Asemblea Xeral.
b) Certificar todos os actos documentais da Asociación
e referendar, co Presidente, os actos e documentos oficiais
que deban expedirse.
c) Custodiar os Libros de Actas e toda a documentación
da Asociación.
d) Redactar a memoria anual das actividades da Xunta
Directiva para ser presentada Ć” Asemblea Xeral.
Artigo 21.
Corresponde ao Tesoureiro:
a) Redactar o proxecto de orzamento anual que a Xunta
Directiva propoñerÔ Ô Asemblea Xeral para a súa aprobación.
b) Xirar os documentos de cobro das cotas dos socios
e satisfacer os pagos ordenados debidamente, asinando.
co Presidente, os correspondentes libramentos.
c) Levar a contabilidade dos fondos da Asociación e
conservar no seu poder os xustificantes dos ingresos e pagos que se produzan.
Artigo 22.
Corresponde aos vocais:
a) Participar con voz e voto en todas as deliberacións
da Xunta Directiva.
b) Desempeñar as funcións que o Presidente ou a Xunta
Directiva lles encomenden.
CAPITULO 7I
Dos socios
Artigo 23.
a) Son socios todas as persoas fĆsicas ou xurĆdicas que,
estando capacitadas legalmente, soliciten e obteñan a inscrición
como tales.
b) A Asemblea Xeral poderĆ” nomear Socios de Honra
a persoas ou entidades, a proposta da Xunta Directiva, en
atención a unha relevante colaboración ou contribución
aos fins que a Asociación persegue.
Artigo 24
Os dereitos dos socios son os seguintes:
a) A asistencia a todos os actos que organice a Asociación
ou a Fundación Otero Pedrayo.
b) Entrada gratuĆta na Casa Museo de Trasalba.
c) Formar parte da Xunta Directiva e ocupar calquera
cargo de representación ou de xestión e goberno da Asociación.
d) PropoƱer de palabra ou por escrito Ɣ Xunta Directiva
iniciativas para unha mellor consecución dos fins da
Asociación.
e) Asistir e intervir con voz e voto nas Asembleas da asociación.
1) Ter carné acreditativo da súa condición de socio e
un Exemplar dos estatutos.
Artigo 25.
Son obrigas dos socios:
a) Satisfacer as cotas da Asociación.
b) Cumprir os acordos da Xunta Directiva e da Asemblea
Xeral.
e) Desempenar os cargos para os que sexan designados
ou elixidos.
d) ContribuĆr persoalmente a difundir a figura e a obra
de Ramón Otero Pedrayo e os fins da Asociación.
Artigo 26.
Para cesar na condición de socio, serÔ suficiente a comunicación
Ć” Xunta Directiva.
CAPĆTULO 8
Do Patrimonio Social
Artigo 27.
O Patrimonio da Asociación constituirano todos os bens
de calquera clase que poidan ser adquiridos e conservados,
senda nulo no momento da constitución.
CAPĆTULO 9
Modificación dos Estatutos
Artigo 28.
Os presentes Estatutos poderƔn ser modificados
segundo o seguinte procedemento:
a) Observada a conveniencia ou necesidade da modificación,
a Xunta Directiva realizarĆ” os estudios correspondentes,
redactando unha Memoria expresiva das causas
da modificación e do sentido e alcance desta.
b) Tal proposta de modificación servirĆ” de orde do dĆa
para unha Asemblea Xeral Extraordinaria que deberĆ” convocarse
ao efecto, para este exclusivo fin.
c) Para ser aprobada a modificación dos presentes Estatutos
necesitarase o voto favorable dos dous terzos dos
socios presentes na Asemblea.
d) O acordo de modificación tramitarase logo ante as autoridades competentes.
CAPITULO 10
Disolución
Artigo 29.
O acordo de disolución da Asociación só poderÔ ser tomado
nunha Asemblea convocada con carƔcter extraordinario,
con este Ćŗnico fin, e deberĆ” obterse a maiorĆa cualificada dos dous
terzos de socios presentes na Asemblea para que dilt acordo
sexa vĆ”lido. Non reunĆndose taI maiorĆa, deberĆ” convocarse
nova Asemblea, e se tampouco nesa se obtivese tal maiorĆa
convocarase unha terceira na que bastarĆ” a maiorĆa simple.
A Asemblea que acorde a disolución designarÔ unha
Comisión Liquidadora composta por 5 membros de entre
os seus socios, que coide de executar o acordo.
Artigo30.
Acordada a disolución, a Comisión Liquidadora entregarÔ
Todos os bens da Asociación Ô Fundación Otero Pedrayo,.
e se isto resultase imposible, por desaparecer previaĀ·
mente a Fundación ou por calquera outra causa, entregaraos
Ć” Real Academia Galega para que, na medida do posible,
asuma o cumprimento dos altos fins ao servizo dos cales naceu
a Asociación regulada polos presentes Estatutos.
