Xosé Manuel Beiras Torrado naceu en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936.
Nado nunha familia de militancia galeguista, estudou Dereito na USC e Ciencias Económicas en París e Londres. En 1971 publica o relevante O atraso económico de Galiza. Dirixiu a Revista de Economía de Galicia e impartiu aulas na USC como catedrático de Estrutura económica.
En 1963 participa, na clandestinidade, na fundación do Partido Socialista Galego (PSG) do cal chegará a ser secretario xeral. Destacado orador e líder nacionalista, foi membro fundador do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o seu voceiro nacional entre 1982 até 2003, representando a esta formación no Parlamento de Galicia.
Autor de diversas obras ensaísticas (Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista, 1985; Prosas de combate e maldicer, 1991; ou De nunca máis a máis alá, 2007) e de traducións de autores como Albert Camus. Dirixiu a colección Alén-Nós da Editorial Galaxia e participou na constitución da Editorial Laiovento en 1990.
Preside a Fundación Galiza Sempre.
PDF: Compromiso coa Terra