O libro dos amigos

Primeira edición (Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Buenos Aires, 1953) e edición actual publicada por Editorial Galaxia

Título: O libro dos amigos
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Primeira edición: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Buenos Aires, 1953
Lingua: Galego

Edición actual: Colección Literaria, Editorial Galaxia, Vigo, 1997
Ilustración de cuberta: Xohán Ledo
ISBN: 978-84-8288-132-4
PVP: 22.00 €
Cómprao aquí en papel
Cómprao aquí en dixital

Sobre a obra

Afectuoso libro de semblanzas de amigos falecidos que foi publicado nas edicións Galicia do Centro Galego de Bos Aires no ano 1953. A edición que estivo ao coidado de Luís Seoane, recolle un total de 39 capítulos dedicados a outros tantos amigos do escritor.

Ramón Otero Pedrayo confesou a súa vontade de publicar un segundo volume onde se recollesen máis reseñas de amigos desaparecidos. Desafortunadamente o proxecto non chegou a callar.

 Dixeron dela

“A don Ramón, que vive, co seu país, anos amargos, dóenlle especialmente, as mortes dos amigos, trátese de profesores seus (Antonio Garbín, Marcelo macías, Eduardo Moreno López…), de colegas (Antonio Losada Diéguez, Primitivo Rodríguez Sanjurjo…), de xoves investigadores (Xurxo Lourenzo), de poetas galegos (Manuel Lugrís Freire, Noriega Varela, Eladio Rodríguez González…), de grandes conversadores (“o señor Bieito”), de abnegados médicos rurais (Gumersindo Parada) ou de persoas sen titulación académica (desde Ramón San Martín, famoso tresillista madrileño, a Ignacio Hermilla, “o cachicán e amigo da casa”).

Son bastantes as semblanzas nas que a persoa evocada non esta vencellada a sucesos políticos, eses sucesos que a prudencia aconsellaría omitir, pero hai retratos de persoas con biografías nas que o político -non grato ó franquismo- é notorio é moi dificilmente eludible”.

XESÚS ALONSO MONTERO
“Memorias elexíacas”, Otero e nós, Revista das Letras 351
O Correo Galego, 1-II-2001, p. 18