Titulo: FUGA E RETORNO DE ADRIÁN SOLOVIO
Autor: Ramón Villares
Edita: Fundación Otero Pedrayo. Trasalba – Amoeiro.
Colección: Biblioteca Centro de Estudios Oterianos
Páxinas: 204
Encadernación: Rústica
ISBN: 978-84-611-7617-5
Data de publicación: 6 de xuño do 2007
Edición: Primeira
PVP 11.00 €

 

Velaquí a construción dun pensamento. Tamén unha maneira de explicar oy intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira.

O historiador Ramón Villares ingresou na Real Academia Galega (2006) cun discurso sobre a figura de Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de si (1930), novela que se considera referencia histórica, símbolo e crónica do grupo xeracional ao que pertencen Castelao, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, o propio Otero Pedrayo, e que denominados Xeración Nós, profundamente europeísta e, ao mesmo tempo, configuradora do discurso da Galicia moderna, tanto cultural como politicamente.

O presente ensaio fundaméntase no discurso de ingreso do novo académico, mais con algunhas engádegas e observacións que o enriquecen. Ramón Villares esmiúza, documenta e contextualiza algunhas das claves do pensamento galeguista moderno, prestando especial atención á figura de Ramón Otero Pedrayo, co que dialoga a través das paxinas de Arredor de si.

 

Se está interesado en mercar este título: 986 37 22 79 (Distribuidora Editorial Galaxia) ou 988 28 11 39 (Fundación Otero Pedrayo).
Para pedidos por correo electrónico: pedidos@editorialgalaxia.com (Distribuidora Editorial Galaxia) ou fundacion.otero.pedrayo@gmail.com (Fundación Otero Pedrayo)