Ensaio histórico sobre a cultura galega

Edición en portugués da obra depositada na Fundación Otero Pedrayo e edición actual

Título: Ensaio histórico sobre a cultura galega
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Primeira edición: CIAP, Madrid, 1930.
Lingua: Galego

Edición actual: Biblioteca Básica da Cultura Galega. Editorial Galaxia, Vigo, 1982.
Ilustración de cuberta: –
ISBN: 978-84-7154-412-1
PVP: 8,40 €
Cómprao aquí en papel
Cómprao aquí en dixital

Sobre a obra

Coidado ensaio elaborado no ano 1930 coa idea de formase parte da Biblioteca Básica de Estudos Gallegos que dirixía Álvaro de las Casas. O traballo, fundamental para comprender a obra do escritor, recolle en once capítulos sintéticos os principais temas da súa ideoloxía.

 Dixeron dela

“Publicado por vez primeira en 1930 (Madrid, CIAP) é a peza mestra do ensaísmo oteriano, que conta tamén con xoias como “Encol da aldeia”, “Notas encol da paisaxe romántica”, “Lembranza de Goethe” ou “Occitania e Atlántida”. Ensaio cultural, amosa, tal como sinalou C. Casares algunhas das grandes virtudes do ensaísta: a cultura do erudito, a paixón ilimitada do patriota e a fina sensibilidade e a intuición do poeta. Celtismo, universalismo, galeguismo e europeísmo son ideas claves nesta obra, que amosa a sucesión dos legados de diferentes épocas (románico, barroco, romanticismo) que formaron o sustrato cultural que define este pais”.

MARCOS VALCÁRCEL
“Dicionario. Don Ramón, do A ó Z”
Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares, núm. 12.
Ourense: Deputación de Ourense, marzo de 2001: pp.103-104