Contexto

Valentín Paz Andrade, membro das Irmandades da Fala e director entre 1922 e 1926 do xornal Galicia, participou xunto a Otero Pedrayo en numerosas empresas culturais e políticas. En 1930 ambos participarán na cidade de Ourense na fundación da Asociación Galega de Escritores. O 25 de xullo dese mesmo ano Otero Pedrayo e Valentín Paz Andrade, participan nun acto de afirmación galeguista no Teatro García Barbón de Vigo. O cartaz do acto consérvase na casa do escritor.

Transcrición

V. PAZ-ANDRADE
ABOGADO

Sr. D. Ramón Otero Pedrayo
OURENSE.

Vigo, 29 marzal 1929
COLON, 21, PRAL.

Meu ademirado e querido amigo:

Xa teño tratado de meter no “Faro” a nosa colaboración, organiza[n]dos d-un xeito sistemático. O Anxel de Lema parece que acolle ben o proposito, pero e moi difícil dedidir este home a nada serio. Eu teñolle falado a base de pagar algo pol-os artigos.

Agora, en vista da sua carta e do que falei c-o Florentino, ocurreseme que puderamos fundar antre nós un especie de Axencia de colaboracións pra xornales galegos. Comprometeríamon-os seis ou sete a escribir un artigo cada semana, de maneira que co traballo de todos se dispuxera fixamente d-un pra cada dia. Este artigo pubricariase ao mesmo tempo en dous xornales, un de Vigo –o “Faro”, por exempro- e outro da Cruña –a “Voz” seria o preferible-

Tres dos artigos poderían ir escritos en galego e os outros tres en castelán. Dos primeiros seria darlle o asunto un podeiroso alicente se contaramos coa firma de Castelao, que podía mandar dende Francia unha carta semanal trasmitindo impresións suas de por alá. Os outros dous poderian escribil-os Vde. e o Risco. Pr-os tres en castelan sería moi comenente contar c-o Quintanilla. Do resto poderiamos encarregarnos o Blanco Torres y-eu.

A cada un dos xornales cobrariamoslle 12.50 ou 15 ptas. por artigo e o que se recaudara repartiriase mensualmente antre os colaboradores asociados, descontando unha peseta ou seis reás por traballo pra gastos de correo, copias, etc. que percibirían os que se encarregaran de distribución. A min a ideia antoxaseme viable, e de proveito pr-as nosas ideas que pouco a pouco irian metendose nos miolos dos leitores. Agardo saber o que ll-es parece a Vdes.

En canto a colaborar no semanario, conten dende logo conmigo. Eu e mais o Núñez Búa tiñamos dende hai tempo o pensamento de facer un semanario grande, nutrido, eminentemente popular, feito en galego e castelán, cheo de cousas vivas, preferentemente de caracter local, con moito reportaxe e certa nerviosidade na confección. Un semanario que circulara o mesmo dia en todas las ciudades galegas e fora feito por un grupo residente en cada unha, que levaria a orientación do mesmo nos probremas locales a tratar. Un semanario que nos acercara o pobo, que hubera necesidade de leer por forza. Coido que é d-esto do que temos maor necesidade. Pero e cousa pra pensar e ordear con acougo.

Con lembranzas o Cuevillas e o Risco, envialle unha aperta cordial seu

bon amigo

V. Paz Andrade