O señorito da Reboraina

Primeira edición (Editorial Galaxia, Vigo, 1950) e edición actual da obra en Editorial Galaxia

Título: O señorito da Reboraina
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Primeira edición: Editorial Galaxia, Vigo, 1960
Lingua: Galego

Edición actual: Biblioteca Otero Pedrayo. Editorial Galaxia, Vigo, 20117
Ilustración de cuberta: Isaac Díaz Pardo
ISBN: 978-84-9865-359-5
PVP: 22.00 €
Cómprao aquí en papel
Cómprao aquí en dixital

Sobre a obra

Asinada no mes de xaneiro do ano 1959 e publicada en 1960, O señorito da Reboraina habíase converter na primeira novela en galego publicada polo escritor tras a Guerra Civil e na última que entregaría ás máquinas en vida.

Trátase dunha extensa recreación humorística cargada de imaxinación da vida de don Juan Manuel Pereira, o fidalgo de Reboreda. Nas súas páxinas tense visto unha parodia das novelas protagonizadas por fidalgos que o escritor tería escrito ao longo da súa vida.

 Dixeron dela

“Para a confección da mesma, don Ramón contou cun excelente soporte documental que non é outro que o volume Los países del Extremo Oriente debido á autoría do propio Pereyra, un libro de viaxes, perfectamente adecuado ás regras do xénero no que Pereyra, non só se limita a relata-lo seu periplo por tan exóticos países senón que refire moitas das súas peripecias vitais que teñen coma escenario a súa propia terra ó tempo que nos informa, informe bastente detallado por outra banda, da situación política española da época que lle tocou vivir”.

XOSÉ M. SALGADO
“El maniquí”: un vieiro cara O señorito da Reboraina”, Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza
Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2002, p. 270.