Estatutos da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo

CAPITULO I

Denominacion e Personalidade Xurídica

Artigo 1.
a) A Asociación que se constitúe e rexe polos presentes
Estatutos e, no necesario, pola Lei de Asociacións vixente,
Denomínase ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE OTERO
PEDRAYO, coas finalidades que se expresan no capítulo
seguinte.
b) A Asociación ten personalidade xurídica plena para
adquirir, posuír, allear ou gravar toda clase de bens que
constitúan o seu patrimonio, podendo actuar con plenitude
en tódalas ordes da vida xurídica.

CAPÍTULO 2
Fins

Artigo 2.
Son fins da Asociación:
a) Manter vivo o recordo de don Ramón Otero Pedrayo,
promovendo o estudo da súa obra científica e literaria.
b) Colaborar coa Fundación Otero Pedrayo a conservar
como Museo-Biblioteca o Pazo que o Mestre de
Trasalba herdou dos seus maiores en dita parroquia de
Ourense, centro de espiritualidade de toda Galicia e parte
inalienable do patrimonio cultural do pobo galego.
c) Procurar que o labor comezado por Otero Pedrayo no
estudio da nosa Xeografía e na interpretación da nasa Historia
reciba os impulsos e estímulos necesarios para que sexa
continuado, igual que as súas aportacións á oratoria, á
narrativa, á poesía e á literatura en xeral. Con este fin poderá
organizar seminarios, conferencias, cursos e actividades
análogas, e editar os seus resultados.
d) En xeral, a Asociación asumirá como propios tódolos
fins da Fundación Otero Pedrayo, na que deberá
estar representada.
e) Reunir fondos para cubrir os seus propios fins, en
especial a conservación do Pazo Museo de Trasalba.

CAPITULO 3
Domicilo Social

Artigo 3.
a) A sede principal da Asociación será a Casa-Museo que
foi Pazo de don Ramón Otero Pedrayo, no lugar de Cimadevila,
na parroquia de Trasalba, Concello de Amoeiro.
b) Cando as circunstancias o aconsellen a Xunta Directiva
poderá autorizar Delegacións da Asociación.

CAPTULO 4
Ámbito Territorial

Artigo 4.
O ámbito territorial da Asociación é Galicia. Así mesmo,
poderá realizar actividades fóra de Galicia, por si mesma,
ou en colaboración con outras Asociacións.

CAPITULO 5
Medios Económicos

Artigo 5.
Os medios económicos da Asociación serán.
a) As cotas dos socios.
b) Os donativos, legados, axudas ou subvencións de
todo tipo que a Asociación poida conseguir.
c) O produto ou recadación que se obteña por servizos
prestados pola Asociación.
d) O produto que se obteña coa venda das publicacións.
e) Calquera outra fonte de ingresos ou medios de financiamento
que no futuro poida conseguirse ou establecerse
para o cumprimento dos fins que a Asociación se propón.

Artigo 6.
A Xunta Directiva formulará anualmente un estado de
contas de ingresos e gastos, que poderán superar a cantidade
de un millón de pesetas. Dito informe será dado a
coñecer aos socios, e unha copia do mesmo será enviada á
Fundación Otero Pedrayo.
CAPÍTULO 6
Órganos da Asociación

Artigo 7.
Os órganos de goberno, dirección e administración
da Asociación son:
a) A Asemblea Xeral.
b) A Xunta Directiva.
e) O Presidente.

DA ASAMBLEA XERAL

Artigo 8.
a) A Asemblea Xeral é o Órgano Superior de Goberno
da Asociación.
b) Actúa en sesións ordinarias e extraordinarias, adoptándose
os acordos por maioría de votos dos presentes.

Artigo 9.
A Asemblea Xeral ordinaria convocarase polo
menos unha vez ao ano. Na Orde do Día deberá
incluírse:
a) Aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
b) Informe da Presidencia sobre as actividades realizadas
durante o último ano.
c) Aprobación, se procede, do estado de contas do exercicio anterior.
d) Proxectos para o próximo exercicio.
e) Aprobación. se procede, do orzamento de ingresos e
gastos.
f) Rogos e preguntas.

Artigo 10.
A Asemblea Xeral extraordinaria convocarase cando por
circunstancias excepcionais así o acorde a Xunta Directiva
ou a solicitude o dez por cento dos socios.

Artigo 11.
As Asembleas Xerais serán convocadas por medio de notificacións
persoais, sen prexuízo de que poida realizarse
tamén a convocatoria por medio dos xornais ou outros
órganos de difusión.
A convocatoria incluirá a Orde do Día e o lugar, hora
e data en que se celebrará a sesión. Entre a convocatoria e
a data da celebración da Asemblea deberán mediar, alomenos, oito días.

Artigo 12.
Os socios deberán asistir persoalmente á Asemblea,
pero poderán outorgar por escrito a súa representación a calquera
outro socio.
As votacións realizaranse aman alzada, agás no caso de
que algún socio solicite votación nominal, directa e secreta.

Artigo 13.
As Asembleas serán presididas e moderadas polo Presidente
ou, en casos de incompatibilidade ou ausencia,
polo Vicepresidente.
Tódolos asistentes poderán facer uso da palabra, solicitándoa
previamente da Presidencia, quen a concederá seguindo
rigorosa quenda de petición, agás a intervención por
alusións.

Artigo 14.
O Secretario levantará Acta de cada Asemblea, a cal
será asinada por el e polo Presidente. Dita Acta será sometida
a aprobación o comezo da Asemblea seguinte, e coleccionarase
nun Libro de Actas da Asociación.

DA XUNTA DIRECTIVA

Artigo 15.
A Xunta Directiva é o Órgano Executivo da Asociación,
e a ela correspóndelle a plenitude de facultades para
o goberno e administración da mesma, sen prexuízo do
control que corresponde á Asemblea Xeral.

Artigo 16.
a) A Xunta Directiva componse de Presidente, Vicepresidente,
Secretario, Tesoureiro e Vocais.
b) O Presidente será elixido pola Asemblea Xeral na
súa reunión anual ordinaria e o seu mandato durará catro
anos.
e) No mesmo acto o Presidente electo comunicará á
Asemblea Xeral os restantes membros da Xunta Directiva,
que tomarán posesión e cesarán co Presidente. Non obstante
o anterior, cando cese o Presidente, os restantes membros
da Xunta Directiva continuarán en funcións ata a toma de
posesión do novo Presidente.

Artigo 17.
A Xunta Directiva, convocada polo Presidente, reunirase
con carácter ordinario, alomenos, unha vez o ano. Os seus
acordos tomaranse por maioría absoluta dos presentes e
constarán nun Libro de Actas da Xunta Directiva, que custodiará
o Secretario da Asociación.

Artigo 18.
Corresponde ao Presidente:
a) Ostentar a representación legal da Asociación.
b) Cumprir e facer cumprir os Estatutos.
c) Autorizar, co Secretario, os actos e documentos sociais.
d) Asinar, co Tesoureiro, os libramentos de pago e
demais documentos contables, coidando de que se realice
periodicamente a rendición do estado de contas da Asociación.
e) Atender persoalmente as relacións coa Fundación Otero Pedrayo.

Artigo 19.
Corresponde ó Vicepresidente asistir ao Presidente e
substituílo en caso de vacante, enfermidade ou ausencia.

Artigo 20.
Corresponde ao Secretario:
a) Levantar acta das reunións da Xunta Directiva e da
Asemblea Xeral.
b) Certificar todos os actos documentais da Asociación
e referendar, co Presidente, os actos e documentos oficiais
que deban expedirse.
c) Custodiar os Libros de Actas e toda a documentación
da Asociación.
d) Redactar a memoria anual das actividades da Xunta
Directiva para ser presentada á Asemblea Xeral.

Artigo 21.
Corresponde ao Tesoureiro:
a) Redactar o proxecto de orzamento anual que a Xunta
Directiva propoñerá á Asemblea Xeral para a súa aprobación.
b) Xirar os documentos de cobro das cotas dos socios
e satisfacer os pagos ordenados debidamente, asinando.
co Presidente, os correspondentes libramentos.
c) Levar a contabilidade dos fondos da Asociación e
conservar no seu poder os xustificantes dos ingresos e pagos que se produzan.

Artigo 22.
Corresponde aos vocais:
a) Participar con voz e voto en todas as deliberacións
da Xunta Directiva.
b) Desempeñar as funcións que o Presidente ou a Xunta
Directiva lles encomenden.

CAPITULO 7I
Dos socios

Artigo 23.
a) Son socios todas as persoas físicas ou xurídicas que,
estando capacitadas legalmente, soliciten e obteñan a inscrición
como tales.
b) A Asemblea Xeral poderá nomear Socios de Honra
a persoas ou entidades, a proposta da Xunta Directiva, en
atención a unha relevante colaboración ou contribución
aos fins que a Asociación persegue.

Artigo 24
Os dereitos dos socios son os seguintes:
a) A asistencia a todos os actos que organice a Asociación
ou a Fundación Otero Pedrayo.
b) Entrada gratuíta na Casa Museo de Trasalba.
c) Formar parte da Xunta Directiva e ocupar calquera
cargo de representación ou de xestión e goberno da Asociación.
d) Propoñer de palabra ou por escrito á Xunta Directiva
iniciativas para unha mellor consecución dos fins da
Asociación.
e) Asistir e intervir con voz e voto nas Asembleas da asociación.
1) Ter carné acreditativo da súa condición de socio e
un Exemplar dos estatutos.

Artigo 25.
Son obrigas dos socios:
a) Satisfacer as cotas da Asociación.
b) Cumprir os acordos da Xunta Directiva e da Asemblea
Xeral.
e) Desempenar os cargos para os que sexan designados
ou elixidos.
d) Contribuír persoalmente a difundir a figura e a obra
de Ramón Otero Pedrayo e os fins da Asociación.

Artigo 26.
Para cesar na condición de socio, será suficiente a comunicación
á Xunta Directiva.

CAPÍTULO 8
Do Patrimonio Social

Artigo 27.
O Patrimonio da Asociación constituirano todos os bens
de calquera clase que poidan ser adquiridos e conservados,
senda nulo no momento da constitución.

CAPÍTULO 9
Modificación dos Estatutos

Artigo 28.
Os presentes Estatutos poderán ser modificados
segundo o seguinte procedemento:
a) Observada a conveniencia ou necesidade da modificación,
a Xunta Directiva realizará os estudios correspondentes,
redactando unha Memoria expresiva das causas
da modificación e do sentido e alcance desta.
b) Tal proposta de modificación servirá de orde do día
para unha Asemblea Xeral Extraordinaria que deberá convocarse
ao efecto, para este exclusivo fin.
c) Para ser aprobada a modificación dos presentes Estatutos
necesitarase o voto favorable dos dous terzos dos
socios presentes na Asemblea.
d) O acordo de modificación tramitarase logo ante as autoridades competentes.

CAPITULO 10
Disolución

Artigo 29.
O acordo de disolución da Asociación só poderá ser tomado
nunha Asemblea convocada con carácter extraordinario,
con este único fin, e deberá obterse a maioría cualificada dos dous
terzos de socios presentes na Asemblea para que dilt acordo
sexa válido. Non reuníndose taI maioría, deberá convocarse
nova Asemblea, e se tampouco nesa se obtivese tal maioría
convocarase unha terceira na que bastará a maioría simple.
A Asemblea que acorde a disolución designará unha
Comisión Liquidadora composta por 5 membros de entre
os seus socios, que coide de executar o acordo.

Artigo30.
Acordada a disolución, a Comisión Liquidadora entregará
Todos os bens da Asociación á Fundación Otero Pedrayo,.
e se isto resultase imposible, por desaparecer previa·
mente a Fundación ou por calquera outra causa, entregaraos
á Real Academia Galega para que, na medida do posible,
asuma o cumprimento dos altos fins ao servizo dos cales naceu
a Asociación regulada polos presentes Estatutos.