Docentes en Trasalba

Trasalba31

Un grupo de case cen docentes de ensino medio e primario visitaron na mañá do sábado 14 de novembro a Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo, en Trasalba. O grupo participaba nun curso organizado polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) de Santiago de Compostela que procurou difundir o traballo intelectual dos principais membros da Xeración Nós. Os participantes visitaron a Casa Museo Otero Pedrayo e realizaron un roteiro literario por Trasalba lendo textos do escritor.

A mediodía sairon de Trasalba en dirección a Allariz, onde os recibiu Antonio Blanco con quen visitaron a sede da Fundación Vicente Risco.
A ultima hora da tarde percorreron o casco vello de Ourense. No Centro de Interpretación da Burga, recibiunos Jose Eguileta, arqueólogo municipal, quen lles falou de Florentino Cuevillas. Este percorrido, organizado por Carlos Rodriguez, contou coa colaboración de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín.

» Mais novas da Fundación