De paseo con don Ramón

 

O pasado domingo 6 de outubro, un grupo de admiradores da obra de don Ramón xuntáronse á porta da súa casa, en Trasalba.

O obxectivo era asistir a un roteiro literario organizado pola Fundación Otero Pedrayo, e seguindo os textos oterianos.

Partindo de fragmentos de libros como Arredor de si, Os camiños da vida ou Maroutallo, serviron como guieiro para un paseo pola xeografía de lugares como Bergueira, Quintairo ou Fondo da Vila.

Botouse man tamén da publicación titulada Trasalba, terra literaria, texto que deixa moi claro o vencello íntimo existente entre os espazos trasalbeses e a obra de Otero Pedrayo.

» Mais novas da Fundación