Cristina Pato recibiu o Premio Trasalba

Na Casa Grande de Cimadevila

1372662218Cristina_Pato

Cristina Pato recibiu o últmo domingo de xuño o 31.º Premio Trasalba nun acto literario celebrado na sede da Fundación Otero Pedrayo. A gaiteira definiuse como ’emigrante pero cos pés sempre chantados en Galicia’ e explicou, nun emocionado discurso no que repasou a súa traxectoria musical, que Galicia está en todo o que fai, estea na terra ou onde vive actualmente e traballa, na cidade de Nova York.
Cristina Pato recordou como co seu primeiro disco, ‘Tolemia’, primeiro tamén gravado integramente por unha gaiteira, quixo demostrar que o instrumento máis noso podía perfectamente viaxar por latitudes musicais novas.
Pablo Sánchez Ferro foi o encargado da Laudatio que deixamos aquí para a súa descarga.
Entregoulle o premio -unha escultura de bronce, obra de Buciños, que representa a don Ramón- o presidente de honra da Fundación Otero Pedrayo, e tamén presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
Durante o acto presentáronse os libros ‘As xeórxicas do pan’, de Otero Pedrayo a cargo do profesor e escritor Manuel Forcadela, e ‘Cristina Pato, Galicia no fol’, libro-homenaxe editado pola Fundación en honra da premiada deste ano.
Seguiu un xantar de confraternidade do que deixamos memoria fotográfica no noso blogue.

» Mais novas da Fundación