Nos Estatutos da Fundación Otero Pedrayo, no capítulo correspondente aos obxecticos e fins da mesma (Título Segundo. Artigo 6.5), contémplase a creación do Centro de Estutos Oterianos
Este instituto ten como encomenda non só promover actividades, estudos e publicacións relacionadas coa obra do Patriarca das Letras senón avivar asemade todos aqueles ámbitos, moi especialmente nas ciencias sociais ou mesmo na creación literaria, que estean no espírito da Fundación.
Creado en 2002, na actualidade está dirixido polo arquitecto Iago Seara, tamen arquitecto-conservador da casa e as dependencias da Casa Grande de Cimadevila. O catalogo de publicacións da Fundación Otero Pedrayo, moitas delas en colaboración con Editorial Galaxia, está promovido polo Centro de Estudos Oterianos.