Carta de Vicente Risco. 1930

Contexto

Vicente Risco viaxou a Alemaña en 1930 para estudar etnografía e folclore. A partir do verán dese ano redacta unha serie de crónicas sobre a súa experiencia en terras alemás que se publicarán na Revista Nós primeiro e máis tarde no volume Mitteleuropa.

Transcrición

Querido Ramon: pol-os jornais qu´eiqui me mandan, vexo que o acto do domingo resultou unha cousa xúrdia e seria, coma tiña que ser. Non é cousa de darche o parabén, senon de dármolo todol-os amigos. Eiquí tiñamos un telegrama coleitivo, firmado pol-os catro pés da Irmandade Nacionalista Galega de Berlin, a saber; o Prof. Lois Tobio, komunist; o Prof. F. Fernandez Armesto, Komunist; O Dr. Canedo, Deutschnationale, e o Prof. Risco, des Zentrum. Iste telegrama que puxemos e firmamos os catro, foi entregado ao Armesto, que coma periodista anda de cote nos telégrafos [¿usiu.? ] que se fixo cargo de pôlo, mais despois recibeu unha invitación, e esqueceuse, cousa que podes comprender, sentimos moito, pois houbera estado ben qu´apareceran ahi todol-os exilados.

Comentamos tamén o discurso de Jaime Colemán, que nos causou certa sorpresa. Ben vemos que as cousas andan moi trocadas por ahi, e ao parecer, en bó senso. Esto é pra que vexas com´o noso labor se non perde, e tamén pra que esteas satisfeito, posto que en moita parte, todo o que hai a quen se debe é a tí. O certo é que ata que tí viñeches a un periodo de máisima aitividade, se non emprincipiaron a ver os síntomas de revulsión; mais agora já os hai, já encomenza a verdegar eiqui e acolá a sementeira.—– Pol-o tanto, já ves que non tés mais remedio que seres a nosa cabeza, e asumir a xefatura dos verdadeiros, pra exercela con autoridade e forza.

Recibín o Nós e algús libros que me mandou o Casal. A ver se tí me podes mandar ises Castros de Caldelas e esas Teorías. —– Estou preparando pra Nós todo o do meu viage, mais teño moito material que non sei com´ordear e compretar, porque non hai tempo pra todo. Istes dias escribin 2 artigos pra Bos Aires e outros 2 pra Euzkadi, un falando do camiño de ferro e outro do teu homage. Ademais escribin cartas a varios agrupamentos d´ahí. E outros ratos, traduzo os capidoos do Leabhar Gabhala referentes a Breogan e os seus fillos.

Por fin din c´un Dr. Brahm, asistent in der Sammlung für Deutsche Volkskunde que se puso ao meu dispôr, mais cando eu o apretei un pouco, resultou que me dixo que non sabia coma m´iba guiar. Entón decidinme a facer o seguinte: ir alá âs mañás, e pasal-o tempo, parte copiando cousas do Museu, e parte leendo un libro sobre meiciña popular e outro co estudo compreto d´unha bisbarra alemana. E â tarde, ir â biblioteca da Unter deu Linden a mirar revistas, que hai relativamente poucas de folklore. —– Un detalle: na Samunlung non coñecían unha revista folklórica danesa moi importante, que ven citada hai non sei cantos anos por L. de Vasconcellos, e despois adoito en revistas francesas e en algunhas alemás.

En conjunto, vou vendo qu´o qu´esta gente ten qu´enseñarme, é moito menos do qu´eu pensaba. Porque case todal-as cousas teóricas d´iles, ou dos franceses, mentalidade primitiva, supervivenzas Elementar e Volkergedanke, antropogeografia, emigración das leendas, matriarcado, sociedades segredas, kultukreise e kulturschichten, etc, já o sabíamos nós.

Fica unha cousa que temos que faguer: mercar libros. Pra isto pódenos ajudar a Biblioteca d´ahí. Sería comenente que a Comisión, ou o Comité, ou o Xesta me comisionaran pra adquirir algús da miña especialidade, non moitos 1.500 ou 2000 marcos d´iles me non parece moito, ou menos. Hai eiquí ben boas librerías de vello, e teño catálogos, e o Canedo está en tratos con libreiros de Lena e Leipzig. Eu podo facer unha lista e buscar, e despois, que me manden as cartas, e mandalos. Porque ahi sen libros non podemos facer nada. O segredo d´esta gente é que ten â sua disposición todol-os libros que quer. Non hai mais método nin puñetas: libros, relacios, tempo por diante e cú de ferro, com´o Pepe García q. e. p. d.

A ver se podedes conseguir algo d´iso. Porque a min os cartos me non chegan pra mercar libros. Gracias se podo levar algo do indispensábele antr´o barato, si me suscribo a algunha revista, e se quedo en relación coalgún libreiro pra despois ir encarregando dend´ahí. E asi e todo, hai libros que é unha ruina, e que non pode ser.

Cecais pra o mes que ven me vaia a Hamburgo, e coma poda, hei pasar tamén por Basileia. Por certo que os Schiveizerische Archiv für VolksKunde podémolos ter de troque con Nos. Mais resulta que Hoffmam-Krayer nono recibe, apesares de pedilo de cando en cando. Era preciso, non somentes mandarllo dend´agora, senon facerlle unha coleizón a mais compreta posibele, porque é un home moi interesante n-istes asuntos. Apura ao Casal pra que o faga, que eu lle mandarei o enderezo.

Mañá temos un té no Romanisches Seminar, con conferencias de Vidal i Guardiola e Viñas. Veremos a ver. Alí andará a famosa Sponer, que vai pubricar o seu libro sobr´o galego.

Eu tan pronto estou contento coma m´aburro d´un geito fenomenal. Veremos a ver o que resulta de todo.

Porque non mandas os teus libros ao Romanisches Seminar? Faino; compre meter as nosas cousas en todos lados, e eiquí ademais, léese todo.

Ben. Xa me daredes novas de todo. Saúdos â Fita e â Eladia e recibe unha aperta de

Vicente