Actividades

Nesta sección dase conta das actividades da Fundación ao logo do ano: charlas, visitas escolares, exposicións, novas publicacións e propostas culturais arredor de Otero Pedrayo e a casa-museo de Trasalba.

-Celebración do Día da Árbore coas nenas e nenos dos colexios de Amoeiro e Coles, a partir dunha adaptación do conto “Meu irmán” de Otero Pedrayo e un powerpoint baseado no mesmo relato realizado por nenas de once anos do colexio público Mestre Vide, de Ourense.

– Marzo de 2013. Proclamación da persoa ou entidade á que a Fundación concede o Premio Trasalba na súa XXXI edición.

– 30 de xuño de 2013 (domingo). Festa Literaria. Entrega do Premio Trasalba.