Arredor de si

Arredor de si

Primeira edición (Editorial Nós, Santiago, 1930) e edición actual da obra en Editorial Galaxia

Título: Arredor de si
Autor/es: Ramón Otero Pedrayo
Primeira edición: Editorial Nós, Santiago de Compostela, 1930
Lingua: Galego

Edición actual: Biblioteca de autor, Otero Pedrayo. Editorial Galaxia, Vigo, 2008.
Ilustración de cuberta: Isaac Díaz Pardo
ISBN: 978-84-8288-649-7
PVP: 13.00 €
Cómprao aquí en papel
Cómprao aquí en dixital

Sobre a obra

Arredor de si é xunto con Os camiños da vida, unha das novelas máis coñecidas do escritor. Foi publicada no ano 1930 pola editorial Nós e narra a conversión ao galeguismo de Adrián Solovio, un mozo galego que se ten identificado non só co propio escritor senón tamén coa totalidade da súa xeración.

“Arredor de si narra a viaxe interior que realiza o personaxe central na procura de si mesmo e da súa identidade. É unha novela de personaxe, carente de acción exterior, porque todo o que acontece se desenvolve na mente do protagonista; a acción é interna e psicolóxica e no precisa seguir unha orde cronolóxica, pola contra hai saltos no tempo, escenas do pasado reproducido pola memoria, mesmo saltos de séculos por mor da fantasía retrospectiva”.

DOLORES VILAVEDRA (coord.),
Diccionario da Literatura Galega. Tomo III Obras,
Vigo: Editorial Galaxia, 2000, p. 38

 Dixeron dela

“Desde que Vicente Risco escribira no ensaio Nós, os inadaptados que en Arredor de si se reflexaba a aventura espiritual de toda a sua xeneración, a novela vense interpretando á luz desa afirmación. O mesmo Otero era dese parecer. E con ser verdade, dita afirmación resulta demasiado simple. Do mesmo xeito que a descripción e enumeración que Risco fai das notas que caracterizaron aos homes de aquela xeneración antes do seu ingreso no galeguismo e das circunstancias da conversión atinguen cáseque exclusivamente ao propio Risco, coido que Arredor de si, dun modo directo, atingue somentes a Otero Pedrayo. Para poñer un exemplo, o espíritu atormentado de Adrián, en rigor, ten moi pouco que ver co dilentantismo un pouco esnob de O porco de pé”

CARLOS CASARES,
Otero Pedrayo,
Vigo: Editorial Galaxia, 1981, p. 109